Practitioner Flores de Bach®

Que é un “PRACTITIONER” certificado?

Un practitioner do Centro Bach é un profesional experto en FLORES DE BACH formado directamente pola Bach Foundation Registred Practitioners (BFRPs) de U.K. e forma parte do Bach Centre. Este profesional,  comprométese a facer as prácticas científicas do doutor Bach aplicadas á terapia floral, cumplindo co código de práctica do Dr. Bach e o equipo de Mount Vernon (Inglaterra).

Non é alguén que “teste” flores, nin utilice “milagres”… TRÁTASE DUN EXPERTO CERTIFICADO POLO PROPIO CENTRO BACH, e polo tanto, GARANTIZAMOS OS MELLORES RESULTADOS.

Pódese curar calquera doenza?

Como profesionais da saúde, queremos facer incapé en que SEMPRE HAI QUE VISITAR A UN MÉDICO FACULTATIVO (no centro de saúde ou no hospital), antes de aconsellarse paralelamente sobre unha doenza. Como indicamos na introducción, as flores de bach son un instrumento moi útil e eficaz cando se utiliza cun método científico e as expide ou recomenda un BFRPs, médico, sicólogo…

A través dunha terapia floral, podemos actuar dun xeito moi eficaz. (Anque actualmente, non dispoñemos deste servizo. Polo de pronto, só realizamos os preparados persoalizados coas flores que veñan recomendadas por un titulado en calquera rama de ciencias ou sicoloxía).

Canto costa o goteiro persoalizado de Flores de Bach?

O precio do goteiro é de 12,50€.

Cómo se toman as flores?

O habitual é tomar as Flores de Bach catro veces ao día, catro gotas baixo a lingua de cada vez. Anque se poden tomar máis frecuentemente, ou no momento no que se vexa a necesidade de facelo (como ocorre co Rescue remedy). O modo de emprego, pode variar en función da prescripción do facultativo.

Quén pode tomar Flores de Bach?

As Flores de Bach pódense tomar por calquera persoa, bebé, neno, adulto, embarazada ou persoa medicada (SEMPRE TOMANDO A MEDICACIÓN ademáis das flores). Neste caso, a diferencia coa medicina natural, as flores non teñen principio activo e polo tanto pódense tomar con calquer tipo de fármaco.

Só hai unha excepción. As persoas que padecesen alcolismo, NON PODEN TOMAR FLORES DE BACH.